Ampla variedade de tratamentos de odontoloxía

Expertas na saúde bucodental

Na Clínica Dental da Dra. Antía Rodríguez Somoza contamos con odontólogas especialistas nunha ampla variedade de tratamentos para mellorar a saúde bucodental de todos os pacientes que nos visitan na nosa clínica en O Saviñao, na provincia de Lugo, buscando unha solución.

O primeiro diagnóstico e a primera visita á nosa clínica son totalmente gratuitas. Analizamos a fondo os problemas bucodentais de cada paciente, dando a mellor solución así como un orzamento totalmente adaptado do tratamento que mellor se adapte ás súas necesidades.

Pida a súa cita

Ciruxía oral

Cando falamos de cirurxía oral referímonos a todos aqueles tratamentos cirúrxicos orientados a tratar diferentes enfermidades bucodentais tales como a extracción de pezas dentais. Este tipo de intervencións son levadas a cabo pola nosa especialista en cirurxía e os pacientes que se someten á mesma adoitan atoparse baixo os efectos da anestesia local para non sentir ningunha dor.

Implantología

A principal función dos implantes dentais é substituír a raíz ausente e soster unha peza dental artificial no lugar doutra que se perdeu ou que tivo que ser extraída por algún motivo. Na nosa clínica dental traballamos coa marca Galimplant para este tratamento, unha empresa de referencia a nivel nacional e internacional na fabricación de implantes dentais.

Endodoncia

Consiste na extirpación da pulpa dental cando está danada e no recheo e selado posterior da cavidade co material adecuado. É un tratamento que se aplica habitualmente en pezas dentais que se fracturaron ou que sofren de caries profundas.

Ortodoncia

Ofrecemos aos nosos pacientes diferentes tipos de ortodoncia para a correcta colocación das súas pezas dentais e para mellorar a posición da súa mandíbula. Existen diversas opcións: brackets metálicos, brackets de cerámica ou de zafiro, ortodoncia lingual, ortodoncia invisible, etc. Na nosa clínica especializámonos en Invisaling e no Sistema Damon (a marca de brackets que usamos na nosa clínica).

Estética dental

Con esta especialidade da odontoloxía o que se busca é conseguir unha boa aparencia da nosa boca e das nosas pezas dentais, o que se traduce nun sorriso bonito. Para logralo, existen diferentes tratamentos: blanqueamiento dental, limpeza dental, uso de carillas, contorneado dental ou a ortodoncia.

Prótese

As próteses dentais serven para substituír outras pezas dentais que foron perdidas por deterioración ou por enfermidade. Existen próteses dentais fixas ou próteses dentais removibles, esta última pode ser retirada cando se desexe; a súa elección dependerá das necesidades e da decisión de cada paciente.

Oclusión-ATM

As siglas ATM refírense á articulación temporomandibular. Existen diferentes trastornos nesta articulación e diferentes tratamentos para os problemas relacionados coa mesma ou con dores causadas pola sobrecarga na mandíbula.

Odontopediatría

A odontopediatría é a rama da odontoloxía que se dedica ao estudo da saúde bucodental dos nenos. Trata problemas como a alteración no número de dentes, no seu tamaño ou na súa colocación, carie, traumatismos dentais, maloclusiones ou problemas relacionados coa mala formación da boca.

Periodoncia

A periodoncia dedícase ao estudo, prevención, diagnóstico e tratamento daquelas patoloxías que afectan os tecidos que dan soporte ás pezas dentais, tales como a encía ou o óso. A periodontitis e a xenxivite son as enfermidades máis habituais.

Odontoloxía conservadora

Consiste no tratamento das enfermidades que poden afectar á saúde bucodental tentando evitar a extracción da peza dental danada. O que se tenta é restaurar as partes danadas por caries mediante a limpeza das mesmas conservando sempre o dente completo.

Servizo de urxencias 24 horas: 689 561 701

En caso de urxencia, non dubide en contactar connosco neste número de teléfono. Atendemos urxencias 24 horas durante os 365 días do ano. A saúde bucodental cobra unha gran importancia, por iso prestamos este servizo a todos os pacientes que o poidan necesitar ao sufrir calquera tipo de accidente.

689 561 701