Clínica Dental Dra. Antía Rodríguez Somoza
A súa clínica dental en O Saviñao
A Clínica Dental da Dra. Antía Rodríguez Somoza está situada na provincia de Lugo, máis concretamente no concello do Saviñao. Somos unha clínica dental dedicada á odontoloxía en xeral e ofrecemos unha ampla variedade de tratamentos especializados por parte de profesionais cunha ampla experiencia e formación.
Entre os tratamentos que prestamos na nosa clínica destacan a cirurxía oral, a implantoloxía, a endodoncia, diferentes tipos de ortodoncias (expertas en Invisaling e Sistema Damon), estética dental, próteses fixas ou removibles, oclusión- ATM, odontopediatría, periodoncia e odontoloxía conservadora.
Analizamos o caso de cada paciente de forma individual e ofrecemos un diagnóstico personalizado e adaptado ás necesidades bucodentais de cada persoa que nos visita na nosa clínica dental en O Saviñao. Ademais, ofrecemos orzamentos personalizados dos diferentes tratamentos que levan a cabo os nosos especialistas.
A primeira visita e o primeiro diagnóstico son totalmente gratuítos. Pida a súa cita.
- Col. nº- 15001469
- Nº Rex.Sanitario: C-27-001165
Primeiro diagnóstico gratuíto
Primeira visita gratuíta
Urxencias 24 horas
Variedade de tratamentos
Aparatoloxía de calidade
Persoal especializado
O persoal da nosa clínica dental conta con moitos anos de experiencia no sector e cunha ampla formación que segue crecendo día a día. Continuamos aprendendo sobre as novidades técnicas do mundo da odontoloxía e incorporamos na nosa clínica o último en aparatoloxía para ofrecer os mellores tratamentos aos nosos pacientes.
Somos tres profesionais especialistas en diferentes tratamentos:
- Antía Rodríguez Somoza: especialista en endodoncia e cirurxía oral.
- Anabel Yáñez Busto: experta en cirurxía oral e implantoloxía.
- Mari Carmen Palanques Ortí: especialista en ortodoncia e odontopediatría.
Os nosos tratamentos
Na Clínica Dental Dra. Antía Rodríguez Somoza levamos a cabo unha ampla variedade de tratamentos tanto para adultos como para nenos. Contamos con especialistas en diferentes ramas da odontoloxía para poder ofrecer o mellor a cada paciente que nos visita buscando unha solución a algún dos seus problemas bucodentais.
Na nosa clínica traballamos con profesionais especialistas en cirurxía oral, implantoloxía, ortodoncía e odontopediatría. Así mesmo, prestamos tratamentos de endodoncia, estética dental, prótese, oclusión- ATM, periodoncia, odontoloxía conservadora, etc.
Saber máis- Cirurxía oral
- Implantología
- Endodoncia
- Estética Dental
- Ortodoncia: Invisaling e Sistema Damon
- Próteses fixas ou removibles
- Oclusión- ATM
- Odontopediatría
- Periodoncia
- Odontoloxía conservadora
Servizo de urxencias 24 horas: 689 561 701
En caso de urxencia, non dubide en contactar connosco neste número de teléfono. Atendemos urxencias 24 horas durante os 365 días do ano. A saúde bucodental cobra unha gran importancia, por iso prestamos este servizo a todos os pacientes que o poidan necesitar ao sufrir calquera tipo de accidente.
689 561 701